18:00
Ningures

Ningures

Rita e Denis coñécense nas portas de Ningures. Levan moitos anos perseguindo este lugar. Imaxinaron e soñaron con esta ansiada meta en numerosas ocasións e preparáronse arreo para cando chegara o día. Cando por fin o conseguen atopan o que parece un obstáculo insuperable: tras esas portas aparentemente non hai nada. É no encontro inesperado, na convivencia, na sinceridade, no xogo, nas eivas ao descuberto, na superación dos medos, na amizade e na aprendizaxe onde atoparán o sentido de ter chegado tan lonxe. Conseguirán entrar?
Teatro Ó Cubo ponlle porta a Ningures. Un lugar imaxinario ideal desde onde trazar un camiño sen fin que atravesa mundos marabillosos, unha senda que ninguén debería abandonar xamais: a aprendizaxe.

Teatro físico, danza, obxectos, monicreques e unha escenografía en constante transformación debuxan un extraño lugar que nos resulta moi achegado. Unha proposta teatral para toda a familia.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android