21:00
Gloria Nacional

Gloria Nacional

Uxio Rodas, escultor e pintor duns 60 anos, é considerado polos seus contemporáneos unha auténtica gloria nacional. As súas esculturas están nos mellores museos internacionais e ten sobre as súas costas unha longa e importante carreira de creador honesto e impoñente, con exposición e grandes vendas en todos os países do mundo.

Agora, atopámolo no seu estudo, construído nunha antiga granxa de vacas, apartado da civilización, tentando concentrarse no seu traballo máis importante. Efectivamente, o goberno do seu país, ao través do seu presidente, antigo camarada de Uxio agora convertido en moderado, acaba de encargarlle unha escultura monumental que se colocará na praza principal da capital, remodelada para tal fin.

Pasa, ás veces, polo estudo de Uxio para facer a limpeza do lugar e deixar algo de comida preparada, Carmiña Facal. Carmiña é unha muller duns 65 anos, que vive e viviu sempre na aldea máis próxima ao estudo e que atende a Uxio desde hai moitos anos. Coñéceo en todas as súas facetas, cando comezou a ter éxito, cando viña soamente por tempadas e cando, pasados os anos practicamente instalouse de sucesivo no estudo, sen apenas saír del, nin sequera para asistir ás inauguracións das súas exposicións con máis éxito.

Marivel Álvarez-Prieto, a ministra de cultura, é unha universitaria brillante de trinta e moitos anos, elegante e espelida, filla, a súa vez, dun camarada común ao escultor e ao presidente, que compartiron, os tres, as loitas estudantís das súas, xa hai moitas décadas, batallas políticas na universidade.

O encontro das tres mentalidades, a de Uxio, na crise existencial de non retorno, a de Marivel, a mocidade executiva da nova realidade, e a de Carmiña, a sabedoría popular xeran, nesta obra, unha comedia de profundo contido social.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android