11:00 hasta las 20:30
Soledad Penalta - Palabras Orfas

Soledad Penalta - Palabras Orfas

A Igrexa da Universidade acollerá desde martes 1 de febreiro a exposición Soledad Penalta. Palabras Orfas, comisariada por Juan M. Monterroso. Nela, a escultora noiesa proponnos, a través dunha mostra antolóxica de 17 obras, nas que combina o aceiro inoxidable co aceiro cortén, unha intensa reflexión sobre a condición humana, sobre as tensións creadas entre o individuo e a sociedade.

A partir dunha linguaxe abstracta, conxugado con referencias figurativas e conceptuais, os seus característicos perfís antropomórficos xorden e desbordan cada unha dos seus traballos. Neles as palabras, tomadas de autores como Omar Khayyam ou Jorge Oteiza, crean delicados xogos caligráficos nos que se expresan desexos, inquietudes, esperanzas e temores.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android