Gañadora do Grammy e de seis Latin Grammy, a cantante Lila Downs é unha das voces máis poderosas e singulares que existen hoxe en día.
A súa simbólica presenza nun escenario contando conmovedoras historias, transcendeu todas as barreiras da linguaxe. Nada e criada tanto en Oaxaca como en Minnesota, Lila Downs, filla dunha muller Indíxena Mixteca e pai angloamericano, escribiu narrativas de resistencia Indíxena protexendo a visión orixinaria das plantas e comida sacras da súa cultura Oaxaqueña gardando as tradicións do continente Americano.
Con influencias que van desde a música folklórica e rancheira de México ata a música do sur de estados unidos cruzando barreiras e xerando sons que van desde o Folk, Jazz, Blues Folklórica, Indíxena, e rancheira ata o HipHop.
Apaixonada activista dos dereitos humanos. As letras de Lila Downs a miúdo marcan relatos enfocados desde a inxustiza social, ata as historias suprimidas de Latinoamérica de mulleres de orixes indíxenas e traballadoras.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar