As Danzas Ancestrais de Cangas inclúen as danzas de San Cibrán de Aldán, San Roque do Hío e a danza e contradanza de Darbo. Estas tres resultan de especial orixinalidade entre as moitas que se contan na comarca do Morrazo.
Con varios séculos de historia, a "Danza de San Roque" celébrase diante do famoso cruceiro do Hío, labrado nunha soa peza. Interveñen unha vintena de homes, divididos en tres fileiras. Unha fileira asume o papel de damas e as outras dúas o de galáns. A particularidade da posta en escena é o vestiario dos bailaríns: mentres os galáns visten de branco, con sombreiro de feltro e garabata negra, as damas portan un curioso uniforme, moi similar á tradicional vestimenta dos que peregrinan a Compostela. De aí que o baile sexa denominado tamén “Danza de Peregrinos".
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar