18:00
Trío detrés- Máis Ritmo

Trío detrés- Máis Ritmo

Temas propios, versións de cancións populares, divertidos arranxos para un programa que transita por todos os estilos: latino, clásico, jazz, swing, bandas sonoras… Unha sucesión de situacións cheas de humor, de improvisación, de solucións disparatadas, pero sempre acompañadas pola mellor música. Unha nova produción con ritmo, máis ritmo, que fará gozar, bailar e rir ao público.

Félix Rodríguez, Olivier Cano e Óscar Prieto son Trío Detrés, unha nova formación cómica que pretende encher os teatros e as rúas de música, humor e moito, moito ritmo. Tres músicos de ampla e variada traxectoria (Píscore, Trío Refugallo, A Magnifique Bande dos Homes sen Medo, Brigadiers, Odaiko…) que volven unir forzas e talentos neste novo proxecto.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android