The Wild festival 2022 Corizonas
O que comenzou como unha insólita colisión entre dúas bandas tan dispares, musical e xeracionalmente, como Arizona Baby e Los Coronas (Dúas Bandas e Un Destiño) só podía converterse nunha fulgurante traxectoria dunha nova proposta musical, habitual nos principais festivais de verán, cun riff demoledor de guitarras ácidas que cabalgan a tormenta sónica que só unha banda como Corizonas é capaz de conxurar.
Aurora & The Betrayers
Esta banda é unha especie de rara avis de calidade indiscutible e personalidade irresistible. O é porque soubo poñer a mirada no pasado e aderezando o seu son cara a un toque persoal e arriscado. A maxia e enerxía dunha voz inconfundible, a de Aurora García, un ciclón de alma soul e rock a partes iguais.
Moonshine Wagon
Esta é unha formación moi peculiar, fáciles de recoñecer polo seu estilo tan persoal e polo seu inesgotable e contaxiosa enerxía no seu directo. O estilo musical da banda baséase nunha mestura de bluegrass (folk americano) acelerado e punk acústico a coro.
Aphonnic
Se hai unha banda que saiba diferenciarse e que sexa experta en asomar o fuciño por encima do resto de raposos, eses son os vigueses Aphonnic. O seu potente son en directo e a súa irresistible posta en escena, acompañada con bases de samplers, dan un toque máis conceptual.
A Roda
Naceu en 1976, formado por amigos que adoitaban cantar nas tabernas. Toda unha vida dedicada a promover e difundir a música galega e o noso patrimonio cultural inmaterial. Lendas vivas do folklore galego.
+INFO https://thewildfest.com/
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar