Aurora & Betrayers é unha agrupación de música soul que incorpora elementos do rock clásico, o pop e o folk. Nacen en 2014 como produto da unión da cantante Aurora García e a banda SietePulgadas.
O seu primeiro traballo, Shadows go Away, impactou sensiblemente tanto á crítica como ao público, cunha proposta cunha base de soul oscilante entre o vintage e o experimental-contemporáneo, que chamou bastante a atención e logrado que cataloguen a súa música como a proposta máis orixinal e inclasificable do actual escenario nacional.
Con letras que denuncian inxustizas e que se pasean polos avatares do amor, o desamor e as experiencias de vida de Aurora García, axuntadas a unha proposta musical que declara ter influencias de bandas e cantantes como Led Zeppelin, Prince, Tina Turner, David Bowie, Black Keys e Stevie Wonder, Aurora & The Betrayers preséntase como un banda con personalidade irresistible capaz de espertar, en cada concerto, as emocións máis fortes.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar