12:00
Arrerrú

Arrerrú

Arrerrú | Paseo marítimo San Roque (Fisterra)

Elenco artístico

Vero Rilo
Sonsoles Penadique

Arre Ru é unha palabra que vive na boca, non quere dicir nada, pero o A abre o asombro, o RRE a repetición, e o RU a delicadeza.

Comezamos prontísimo na vida a vogalizar e nos golpes de voz xa vai o arremedo de todos os estados de ánimo. Cando falamos de narración oral para bebés queremos dicir que a narración oral é importante desde os primeiros momentos da vida, introducímonos co(a)s bebés da mau na selva das palabras e do sentido das palabras: nós sabemos dos carreiros, das fontes, das hortas e dos agochos; eles veñen vindo de vagariño pero sen pausa

As palabras acompáñanse da musicalidade da voz, dos ollos, dos xestos, do tacto…@s bebés tempéranse mellor con estes apoios, nós ao pé da voz poñemos a voz dun acordeón diatónico, a voz multiplicada e asombrosa. Somos bebés, somos adult@s, somos persoas da mau doutras persoas. A linguaxe en singular non existe: primeiro apréndese en familia. A narración oral é a flor da vida en compañía para afrontar a onda.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android