21:00
Contos Arraianos

Contos Arraianos

Unha das obras

fundamentais da literatura galega,

unha suma de relatos que estremecen

e fan reflexionar. Ou, se acaso, fan

deambular por mundos nos que

transitan o erotismo, o misterio, a

miseria e a grandeza de alma e de

vida. Un microcosmos rural

de marxe e de fronteira, construído cunha lingua,

así mesmo, límite e nos lindes da realidade e

da fantasía.

É difícil non sentirse arrastrado pola

tremenda capacidade fabuladora de

Ferrín. A Raia Seca ourensá é unha

metáfora de mundos reais adobados

pola ficción e a particular riqueza

léxica deste narrador e poeta que é de

Ourense e que é de Vigo, que é

arraiano arraiano.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android