XXIX Mostra de Instrumentos de Música Tradicional (2022) 6 e 7 de Agosto 2020 | Guitiriz Un ano máis a AGG organiza a que será a "XXIX Mostra de Instrumentos de Música Tradicional". Esta mostra, consagrada como a máis antiga e importante da Península Ibérica, é hoxe un referente indispensable da música tradicional galega. Un lugar de encontro onde todas e todos os amantes da nosa cultura poderán gozar do traballo de preto de 30 artesáns e artesás que nos traerán unha amplísima variedade de instrumentos tradicionais como gaitas, requintas, zanfonas, tambores, bombos, pandeiretas, pandeiros,... PROGRAMA Sábado 6 de agosto 17.00h. – Apertura da XXIX Mostra de Instrumentos de Música Tradicional 17.00 h. – Pregón. Xerardo Fernández Santomé 18.00 h. – Concerto. Xirifeiros 19.30 h. – Sorteo Domingo 7 de agosto 11.30 h – Apertura da XXIX Mostra de Instrumentos de Música Tradicional 12.30 h. – Obradoiro de Treboada. Oli Xiráldez. 17.00 h. – Obradoiro de Baile Tradicional. Nuria Gesteira 18:00 h. – Concerto. Pandereteiras Ultreia. 19.30 h. – Sorteo
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar