18:00
Presentación | 'II Tomo de Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza'

Presentación | "II Tomo de Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza"

Presentación en Lugo do II Tomo de Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza. Un reino con clase dirixente

A Fundación Galiza Sempre colabora coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega na difusión dos dous volumes de Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza, do ensaísta e historiador Francisco Rodríguez.

Após o éxito do primeiro tomo, A relevancia do reino galego medieval, chega Un reino con clase dirixente. Neste segundo volume, F. Rodríguez fálanos do reino galego desde unha perspectiva galega, das opcións e alternativas da súa clase dirixente do reino que foi epicentro dun dos bandos confrontados, o lextitimista ou castrista, fronte aos falsos Trastámara na segunda metade do s. XIV. Desta maneira, afóndase en cuestións como a saga dos Castro, en especial en Fernando Ruys de Castro. E por suposto, préstase atención especial ao proceso de normalidade de usos, en substitución do latín, do idioma galego, clara defensa dun espazo de comunicaciónpropio que manifesta un poder protector. Quen lean terá a oportunidade de comprobar como se reflectiu nas crónicas e na historiografía posterior esta etapa estelar e conflitiva do reino de Galiza, cuxo desenlace tivo importante trascendencia para o país.  Este segundo tomo non deixará indiferente a ninguén.

A presentación terá lugar no patio do Vello Cárcere de Lugo o martes 25 de outubro ás 19:30. Nela intervirán:

Maite Ferreiro, vicepresidenta da Deputación de Lugo
Francisco Rodríguez: Autor do libro
Podes atopar os dous volumes na túa libraría ou na loxas da AS-PG e do BNG: https://loxa.bng.gal/
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android