20:30
XXXII Festival de Jazz de Lugo: Henri Texier Quintet

XXXII Festival de Jazz de Lugo: Henri Texier Quintet

Henri Texier é todo un ídolo do jazz francés das últimas cinco décadas. A súa carreira é unha das máis emblemáticas e ricas dos músicos de jazz europeos. Símbolo dunha xeración desinhibida e ávida de experimentación, o contrabaixista e compositor foi o catalizador inesgotable de multitude de aventuras musicais, desempeñando un papel decisivo nas mesmas pola súa capacidade para unir enerxías creativas e anima-las novas xeracións de músicos europeos. A finais dos anos sesenta xa era figura habitual no circuíto de clubs parisienses, onde tocaba con Bud Powell, Donald Byrd, Dexter Gordon e Chet Baker. É, a maiores, uno dos escasos músicos franceses que colaboraron con gran número de artistas estadounidenses non menos importantes: Joe Lovano, John Scofield, John Abercrombie, Bill Frisell, Steve Swalow, Kenny Wheeler, Randy Weston, Phil Woods, Lee Konitz.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android