Ana Moura, a famosa fadista de Santarém que cantou con Prince, os Rolling Stones, Caetano Veloso ou Gilberto Gil, chega este 24 de febreiro a Vigo co seu novo traballo, Casa Guilhermina, para ofrecer un concerto no Auditorio Mar de Vigo dentro do ciclo patrocinado polo Xacobeo “Suseia et Ultreia, Pobos, Linguas, Tribos”.
Un ciclo de concertos que terá lugar no 2023, organizado para celebrar a diversidade, tender pontes entre culturas, favorecer o entendemento e a solidariedade, garantir a xusticia social e propiciar escenarios abertos ao diálogo a través da música; unha homenaxe ás culturas dos países de procedencia dos peregrinos a Compostela e de apoio a Ucraína.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar