12:00 hasta las 19:00
DANZAS ANCESTRAIS DE SAN SEBASTIÁN 2023

DANZAS ANCESTRAIS DE SAN SEBASTIÁN 2023

DANZAS ANCESTRAIS DE SAN SEBASTIÁN 2023

As Danzas Ancestrais de Cangas inclúen as danzas de San Cibrán de Aldán, San Roque do Hío e a danza e contradanza de Darbo. Estas tres resultan de especial orixinalidade entre as moitas que se contan na comarca do Morrazo.
 
Coincidindo coa festividade de San Sebastián, a parroquia de Aldán viaxa no tempo e acolle unha mostra do folclore máis ancestral, unha danza que se remota polo menos a 1650. Dez galáns, cinco damas e unha guía esperan no adro da igrexa á saída da procesión do Santo. Cando fai a súa aparición, fanlle a reverencia e van danzando á cabeza da comitiva, sen darlle en ningún momento as costas. Finalizado o percorrido, e antes de que o Santo entre de novo na igrexa, repiten a danza na súa honra.
O atractivo desta danza reside tanto na súa coreografía centenaria como na indumentaria dos bailaríns, totalmente inusual no folclore galego. Os varóns van ataviados cun traxe negro, sombreiro de feltro e zapatos negros, e as mulleres con vestidos brancos, mantón de Manila, mandil negro, e panos de distintas cores sobre os ombreiros. O máis vistoso da súa vestimenta son os espectaculares sombreiros, adornados con distintos tipos de flores, dos que penden fitas de cores, que son símbolo de fertilidade.

Destacado: A espera dos bailaríns no adro da igrexa é a ocasión para achegarse a eles e contemplar a orixinalidade dos traxes e dos sombreiros das damas. 

+INFO
https://cangas.gal/es/areas/turismo/fiestas-y-festivales/danzas-ancestrais
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android