20:00
Charla-coloquio con Sandra Reyes e Modesto Ochoa no Círculo de Recreo

Charla-coloquio con Sandra Reyes e Modesto Ochoa no Círculo de Recreo

A defensa da terra, unha loita global

As activistas medio ambientais Sandra Reyes e Modesto Ochoa, defensoras da terra hondureñas, están de xira por Galicia para dar a coñecer en primeira persoa a súa experiencia e falar da situación no seu país, un dos que máis asasinatos de persoas activistas ambientais ten do mundo.

Os retos ambientais aos que se enfronta Honduras son moi similares aos que podemos atopar no noso país (eólicos, mineiría, contaminación de augas, piscifactorías, fotovoltaica).

O 12 de maio, ás 20:00h, estarán no CASINO DE LALÍN para contar a súa historia de loita. Esperámoste para apoiarnos nesta loita global!!

Organiza: Coordinadora Galega de Ongd Colabora: Azos Feministas, Círculo de Recreo e Salvemos as Fragas de Catasós

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android