13:00 hasta las 14:00
Vermú - presentación GAENTICA / Cuscini ed Estrellas

Vermú - presentación GAENTICA / Cuscini ed Estrellas

O domingo, 27 de agosto estarán con nós, no Carballiño, GAENTICA presentando o seu traballo Cuscini ed Estrellas.
Será na tenda OZOCOgz do Carballiño ás 13.00 horas.
Ao remate da presentación estás convidada, estás convidado a un vermú POVARELO, marca carballiñesa que colabora con nós nesta actividade. @povarelo
Cuscini es Estrellas é un fermosísimo disco de cantigas de berce de todo o mundo. Interpretadas nas súas linguas orixinais polo bo facer do dúo, conséguese un disco íntimo e fresco apto para escoitar por todo tipo de público, tamén e, por suposto, polas crianzas.
O disco tamén é, de por si, unha pequena obra de arte na que as letras das nanas están adornadas cunhas ilustracións fantásticas obra de Carmen Alegre, unha das compoñentes do dúo.
GAENTICA son Carmen Alegre Hernández e Tommaso Noè, unha galega e un italiano que, paseniño e sen faceren ruído, coma eles mesmos nos din, van traballando nunha mesma liña na que crean versións de temas que os representan, que din cousas sobre o que os arrodea, sobre tradicións arredor do mundo acompañándoos de voz, viola e percusión. Paseniño, tamén, compoñen as súa propias músicas enriqueciendo o grupo con máis compoñentes, a música como un modo de vida, de portas abertas para compartir. 
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android