N/D
XVI Limpeza Simultánea de Ríos. Proxecto Ríos.

XVI Limpeza Simultánea de Ríos. Proxecto Ríos.

Móllate polos ríos.

Despois do éxito das xornadas de limpeza simultánea organizadas ao longo dos anos, este 2023 ADEGA Lugo, Coidemos Lugo e a UNED únense de novo para levar a cabo a XVI Limpeza Simultánea de Ríos. Trátase dunha actividade de voluntariado ambiental que terá lugar o domingo 24 de setembro na zona do río Miño situada ao carón da UNED. Durante a xornada, dunha duración de 3 horas, limparemos os residuos atopados na zona contribuíndo á súa conservación.

Grazas á colaboración de 63 entidades, o pasado ano estimamos que se retiraron máis de 8 Tn. de lixo de orixe diverso e participaron un total de 955 voluntarias/os de 41 concellos en toda Galicia.

O máis importante é que ano tras ano conseguimos concienciar un pouco máis á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos de residuos como premisa para a conservación da súa saúde.

Este ano queremos contar coa vosa axuda para levar a cabo a XVI Limpeza Simultánea de Ríos. Como en anos anteriores, o Proxecto Ríos editará os materiais divulgativos para o desenvolvemento da actividade e outros materiais.

Fuente: https://extension.uned.es/actividad/idactividad/33037
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android