20:00
O corpo aberto. Ciclo cine galego Mestre Mateo

O corpo aberto. Ciclo cine galego Mestre Mateo

Entrada libre. Non recomendada para menores de 16 anos.

SINOPSE

1909. Miguel, un mestre novo, é destinado a unha pequena vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais.

É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos pasionais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor á vez que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda.

Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño da aldea libera un espírito en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e o dos mortos.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android