20:00
O deus do pop

O deus do pop

O Deus do Pop é unha impresión. Como a que nos levamos cando coñecemos a unha persoa. ¿Que sabemos dela? ¿Que sabemos dela que ela mesma non sabe? Ela ten outra impresión de si mesma. Un relato formado por fragmentos escollidos do seu pasado. Precisa crear o relato. E non dubida en cambiar o pasado para superar no presente a vergoña do que non lle gusta de si mesma. Non ten consciencia de que en realidade é un diamante. Un diamante afundido nos Pantanos da Tristura. Brillando e laiándose. Pensando que a súa propia preguiza lle impide sair. Pero non é preguiza. É o relato.

Diego Anido amósanos unha autobiografía inventada. Regálanos unha vida que ás veces semella a súa, pero que non lle avergoña como a súa. Sen medo a queimar a súa memoria. Só para que o adoremos. Como a un Deus do Pop.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android