A A.V.C.U. - C.S.C.R. de Beade presenta a tradicional “Festa dos callos e dos socios” nun ano no que acada a súa XXV edición. O evento, que se ven realizando dende o ano 1996, está enmarcado dentro da programación cultural da “Cereixa de outono”. Trátase dun punto de encontro na cidade de Vigo no que se fomenta tanto o turismo, como a gastronomía e cultura da terra. Cuns prezos populares, os asistentes poderán desfrutar a partir das 11H. das racións de callos coa música do Grupo de cordas clásicas do C.S.C.R. de Beade e Os Escaravellos.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar