Continuamos coa 2º sesión das nosas actividades do "PROGRAMA DE PREPARACIÓN, APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS FAMILIAS ADOPTIVAS E ACOLLEDORAS" cun parladoiro de 3 sesións en Vigo a cargo de Gabriela Legaspi e Sunsa Gormaz que leva por título:
UNHA EXPERIENCIA DE ADOPCIÓN : "MAMÁ, XA NON TES QUE FACER UN MONÓLOGO".
Que acontece cando as nosas pequenas e pequenos medran? Que medos nos abordan? Que preguntas nos facemos? Cumplíronse as nosas expectativas?
Este obradoiro pretende ser un encontro entre dous puntos de vista diferentes, entre unha filla e unha nai, no que abordaremos temas como a importancia de tratar a adopción coas nosas fillas/os, o contacto directo e coñecemento das orixes , a búsqueda de información necesaria que os pais precisan obter para poder educar e educarnos, e a comunicación como nexo entre os integrantes da familia.
A cargo de: GABRIELA LEGASPI Filla adoptiva, nacida en Cusco - Perú. Integrante da Asociación Manaia e responsable de Manaia Moza.
SUNSA GORMAZ Nai adoptiva. Licenciada en Pedagoxía, profesora de Memoria para a Terceira Idade e profesora de Tai-Chi.
DATA: 09/11/23 HORA: 19:00 - 21:00 LUGAR: Oficina 11. Areal, 138. Vigo
Coma sempre podedes convidar a quen queirades.
ESPERÁMOSVOS!!!!
Ese mesmo día tamén ofrecemos un espazo de información e acompañamento onde calquera familia, independentemente do momento do proceso no que se atope, poderá facer calquera consulta ou resolver calquera dúbida. O horario de atención é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Precísase solicitar cita previa en manaia@manaia.gal ou no 688 927 124.
Lembrade que todos os 2º xoves de cada mes estaremos en Vigo.
Actividades de balde abertas a todas as familias adoptivas e acolledoras ou en espera de adopción ou acollemento, sexan ou non socias de MANAIA.
Un saúdo
Actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar