A Entidade Local Menor de Bembrive acolle desde hai máis de 350 anos a que está considerada como unha das festas máis populares de Galicia: o San Brais de Bembrive. Trátase dunha festividade de transmisión interxeracional na que, cada 3 de febreiro, se xuntan devotos do Santo, así como da música ou da gastronomía. Entre os elementos que definen esta festa destaca a romaría, o rito de poñer unha candea ao Santo contra os males da gorxa, gozar do viño nos furanchos ou comer a cachucha do porco. É de salientar tamén a tradición musical na zona con grupos de acordeóns, corais, tunas, folk, baile tradicional, pandeireteiras e gaitas.
Destacado:
Degustación de viño nos furanchos
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar