Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n - Lugo Ver web
Festival de Teatro Universitario 2024 Luns, 15 de abril de 2024 20:30 hs. Desequilibrios Aula de Teatro do Campus de Ourense. Grupo Maricastaña. UVigo. Idade recomendada: A partir de 14 anos. Lugar: Auditorio Gustavo Freire. Texto: O manicomio é o lugar onde van parar as persoas que son diferentes, que non encaixan nunha sociedade que busca o (seu) equilibrio para poder ter todo controlado de cara á produtividade. O tolo, o desequilibrado, é recluído e tratado co fin de recuperarse para esa sociedade: non debe saír dos cánones establecidos. Sucede que o manicomio está obsoleto e o tratamento de shock que reciben as persoas díscolas está sendo cuestionado. Achégase un cambio, pero sempre que un imperio está a piques de desmoronarse ataca con todas as súas forzas e fará todo o que poida para acabar coa insubmisión. Esta é unha historia de forzas en oposición: as daquelas persoas que teñen o poder e queren perpetuarse nel e as que o cuestionan desde a súa loucura. É tamén unha historia de amizade, de revolta, de represión, de creatividade, de amor, de liderazgo, de sacrificio. Contén o humor e a morte, a comedia e a traxedia, como a vida mesma. Pon diante de nós os desequilibrios que afrontamos cada día. O lado da balanza no que decidamos poñernos é cousa nosa. ENTRADA GRATUÍTA (entradaslugo.es) martes, 16 de abril de 2024 20:30 hs. Deixando a Pel Compañía de Teatro da USC – LUGO Idade recomendada: Público Adulto Lugar: Auditorio Gustavo Freire. Texto: Deixando a pel, danza entre varios mundos, varias personaxes presas da mesma historia que tratarán de sobrevivir nunha sociedade deshumanizada. Cal é o límite dunha persoa? Non é a sociedade a que está mal? Canto podemos oprimir a un ser humano ata que faga o innomeable? Xuventude, amor, suicidio adolescente, disforia de xénero e crítica social. AUTOR/ DIRECCIÓN: Dramaturxia e dirección de Andrea González. Unha dramaturxia inspirada libremente no personaxe de Segismundo da obra ‘A vida é soño’ de Calderón de la Barca; na película ‘Laurence Anyways’ de Xavier Dolan e en múltiples investigacións e relatos anónimos. ENTRADA GRATUÍTA (entradaslugo.es) mércores, 17 de abril de 2024 20:30 hs. Antropoloxía do Bico (Síndrome do Túnel Carpiano) Aula de Teatro da USC – Escola de Teatro Idade recomendada: Apta para todos os públicos Lugar: Auditorio Gustavo Freire. Texto: Cal é a finalidade principal da boca? Comer, morder, falar? Non, bicar. A ausencia ou presenza dos bicos na nosa vida diaria determina o que pensamos o que queremos, o que odiamos, a que lle temos medo e porque repetimos incansablemente as mesmas accións, como amasar a fariña ou ensaiar coa guitarra, por exemplo. Outros fan atletismo ou len. AUTOR/ DIRECCIÓN: A partir de textos de Paulo Mouriño, Laura Valeiras, Roberto Salgueiro, Maurice Blanchot, Leila Guerriero. ENTRADA GRATUÍTA (entradaslugo.es) venres, 19 de abril de 2024 20:30 hs. (Des)de los escombros Grupo de teatro UPNA (Navarra) Lugar: Auditorio Gustavo Freire. Texto: Joven. Dificultades de ser joven. (Des)de los escombros es una obra donde se cruzan comedia y drama, sobre juventud y precariedad; sobre la (im)posibilidad de pensar un futuro; sobre las ilusiones; sobre el cuento de la lechera. Fragmentos de historias, de cántaros rotos en distintos lugares y tiempos. Esperanzas y miedos ante una sociedad de contradicciones e incertidumbres: la niñez, la juventud, la madurez unidas entre el pasado, el presente… ¿Y el futuro? AUTOR: María Prado DIRECCIÓN: Óscar Orzaiz ENTRADA GRATUÍTA (entradaslugo.es)
Parque da Milagrosa, Av. de A Coruña, s/n - Lugo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar