17:00 hasta las 20:00
Paco Nogueiras presenta 'Son animal' na Casa-Museo Manuel María

Paco Nogueiras presenta "Son animal" na Casa-Museo Manuel María

Este sábado, día 25 de maio, ás 17 horas, volta, pola Casa-Museo Manuel María, Paco Nogueiras. E faino para nos presentar o seu último traballo, o cuarto, que leva por título "Son animal". Un libro-cd editado por Kalandraka e con ilustracións de Marc Teager.

Doce cancións que teñen como protagonistas a animais domésticos como o can, o gato, a vaca, a galiña, o porco, o burro... e outros silvestres como a ra ou o grilo.

O concerto vai dirixido para nenas e nenos entre os 3 e os 9 anos e para asistir é necesario facer reserva (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android