Concello de Lugo - Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
XXVI Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas 2024 A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza de novo co patrocinio da area de Cultura do Concello de Lugo a que será a XXVI edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, mostra que contará coas actuacións de máis dunha decena de grupos de música tradicional galega, chegados dende distintos puntos da xeografía galega, e con distintas formacións (grupos e bandas de gaitas, pandeireteir@s, murgas, etc... ) que encherán da nosa música o casco vello da cidade no día máis emblemático das festas. Os Grupos participantes nesta edición son: 💥A Gaita de Sarandón (Vedra - A Coruña) 💥Contiños da Feira (A Coruña) 💥Asociación Ourensá de Folclore (AOFT) (Ourense) 💥Herba Grileira (Melide - A Coruña) 💥Illa Pancha (Ribadeo - Lugo) 💥Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo - Pontevedra) 💥Os Barrios (Chantada - Lugo) 💥Raigames (Vigo - Pontevedra) 💥Silveiras do Támega (Laza - Ourense) E no esceario da Praza de Santa María contaremos cos grupos: 💥Carapaus ás 18.30 horas 💥Os Melidaos ás 20.00 horas
Praza Maior, 1 - Lugo Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar