10:00 hasta las 20:00
A Ciencia en Imaxe 2014-2020

A Ciencia en Imaxe 2014-2020

O MHN da USC acolle nas súas salas a exposición temporal "A Ciencia en Imaxe 2014-2020". Esta mostra reúne unha vintena de fotografías, todas elas premiadas nas sucesivas edicións. Ademais da súa indiscutible calidade estética e fotográfica, as obras teñen a virtude de permitir ao espectador unha aproximación ao mundo da ciencia en xeral, desde perspectivas moi diferentes.

Esta exposición é o resultado do certame fotográfico “ A ciencia en imaxe”, que vén realizándose ininterrompidamente dende 2014, co gallo da celebración da festividade de San Alberte Magno e no que colaboran as Facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Química e Matemáticas, xunto coa Real Academia Galega de Ciencias. O concurso está aberto a calquera persoa pertencente á comunidade universitaria da USC, que pode participar con calquera tema relacionado coas ciencias, a investigación e a divulgación científica. Os xurados das sucesivas edicións tiveron en conta para a selección das fotografías premiadas criterios de orixinalidade, estética, conciencia social e a capacidade crítica e comunicativa expresada.

A ciencia en imaxe 2014-2020

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=88424
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android