13:30
Presentación: Como levar unha vida honesta. Consellos de Martiño de Dumio a Miro, rei de Galicia

Presentación: Como levar unha vida honesta. Consellos de Martiño de Dumio a Miro, rei de Galicia

Presentación Presentación Programa Inscrición COMO LEVAR UNHA VIDA HONESTA. CONSELLOS DE MARTIÑO DE DUMIO A MIRO, REI DE GALICIA Venres, 13 de outubro de 2023 - Sexta-feira, 13 de outubro de 2023 BRAGA (PORTUGAL) Martiño de Dumio é unha das grandes figuras intelectuais da Gallaecia da Antigüidade tardía, pero a súa obra e produción intelectual aínda son pouco coñecidas entre o público. Neste 2023 o Consello da Cultura Galega traduciu unha das súas obras que acadou máis circulación na Europa medieval, a Formula vitae honestae, un pequeno tratado de moral dedicado ao rei Miro de Galicia. Tras a súa presentación en Santiago de Compostela, o Consello da Cultura Galega achégase a Braga, capital histórica da Gallaecia no tempo suevo e sé episcopal do propio bispo, para coñecer os escenarios biográficos e históricos ligados a el e o seu contexto cultural. A xornada, realizada en colaboración coa Universidade do Minho, permitirá coñecer o estado da cuestión na investigación histórica e arqueolóxica sobre os monumentos e o contexto da Braga tardoantiga habitada polos protagonistas desta historia.

http://consellodacultura.gal/evento.php?id=201689

Recomendamos que confirme toda a informação junto do promotor oficial deste evento. Por favor contacte-nos se detectar que existe alguma informação incorrecta.
Download App iOS
Viral Agenda App
Download App Android