12:45
CLO PLAS - 18 de Maio. Día Internacional dos museos

CLO PLAS - 18 de Maio. Día Internacional dos museos

CLO PLAS é un proxecto performativo impulsado pola poeta Xiana Arias (letra e voz) e polo explorador de sons Berio Molina (música, percusión e voz). Trátase, sen dúbida, dunha das propostas máis radicais e excitantes da creación interdisciplinar galega da temporada, apegada segundo eles mesmos subliñan á oralidade da Fonsagrada. O seu primeiro traballo, titulado Bafi e publicado este mesmo ano ao abeiro da Regueifa Plataforma 2.0, amosa unha liña de esculca que se move entre a xenialidade, o humor e a turbacion lírica.
Dúas voces, dous paus e un rap minimalista con retrousos de vocación popeira de baixa fidelidade. O seu primeiro EP 'bafi' foi gravado e producido polo Hevi. Un traballo tenro e radical atravesado pola oralidade, as historias e a memoria da Fonsagrada. Letras nas que habitan vacas e paxaros, montañas e galletas, lembranzas e casas abandonadas. ‘Paxarín pin pin’ foi o exitoso single de adianto deste primeiro EP.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android