10:00 hasta las 14:00
Partículas

Partículas

Trátase dunha exposición ecléctica na que se mostra o traballo de tres artistas afíns a esta galería, que empregando diferentes técnicas e materiais expresan unha visión particular mostrando obras moi atípicas.

A Exposición

Partindo da orixe de pequenas formas xeométricas conseguimos dar forma a unha obra conxunta pero que en si mesma cada parte ten a súa propia relevancia.

Partículas representa a forma diminuta máis gráfica dun punto que no seu conxunto consegue dar estrutura armoniosa a unha obra pictórica, que na súa totalidade consegue unificar e dar sentido á demostración.

Nesta mostra participan tres autores de diferentes procesos creativos dos cales utilizaron diferentes elementos, tales como cordas, óleo, fío de algodón, cartón, papel, lenzo, madeira e levados a cabo en diferentes épocas ou períodos que abarcan desde o ano 1972 ata o 2021.

A exposición inclúe a maiores un apartado dedicado á obra gráfica destes creadores.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=90295
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android