N/D
Festa da Troita

Festa da Troita

Sigüeiro ten un coto de pesca moi concorrido durante a tempada de pesca e desde o ano 1996 celebra unha festa que enxalza a longa tradición troiteira da localidade.

O segundo domingo de maio ten lugar un concurso de pesca e unha degustación gratuíta de troitas que reúne a preto de 30.000 persoas.

En torno a estes dous eixes, desenvólvese un programa festivo durante toda a fin de semana, con actuacións de charangas e orquestras, obradoiros infantís e xogos tradicionais. Propostas de ocio para todos os gustos que van desde un Festival Folk ata unha concentración de coches clásicos.

E para os que prefiran o ambiente de tapeo e viños, nos bares, restaurantes e mesóns sérvense gratis eses días, xunto á consumición, riquísimas troitas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android