19:00
No país do vento

No país do vento

No País do Vento, nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran, as xentes brincan e moitas melodías e algunhas pequenas historias van buscando orellas que escoiten e labios que as cantaruxen para seguir vivas ao lombo das brisas e dos furacáns.Moitos son os personaxes que habitan este país de asubíos e airexas: unha científica incorrixible e algo poeta que chegou a explorar o País do vento; noivas, donas, magas bruxas e tolas, mulleres magníficas todas, que bailan unha canción tradicional deste país de brisas; unha familia de papaventos que é feliz buscando países imaxinarios que visitar; un corazón que viaxa nunha cáscara de noz; unha xirafa que quería ser araña e unha araña que quería ser xirafa; o Pato Simón; unhas pitas refuxiadas, un reloxo que no canto de dar horas, dá risa …E así, con moitas ganas de bailar e de gozar, vaise esgallando aos pouquiños este espectáculo.

Charo Pita: voz, textos e música.
María Faltri: voz, percusións e arranxos vocais.
Jorge Juncal: acordeón, teclado, arranxos e produción musical.
Javier Fernández: Batería, percusións e arranxos musicais.
Juansy Santomé: Contrabaixo, baixo eléctrico.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android