20:30
Morgana en Esmelle

Morgana en Esmelle

Morgana, a medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade.

Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot.

Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente? Son os remorsos e as culpas sentimentos que nos acompañan toda a vida? Temos acaso dereito a esquecer os danos causados polas nosas decisións?

Con preguntas semellantes, a chegada de Morgana racha a aparente serenidade coa que Merlín vive na fraga de Esmelle.

Unha obra que reescribe o mito cunha ollada contemporánea. Unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda.

Morgana en Esmelle é unha reflexión que xira ao redor da responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos.

Elenco: Quico Cadaval, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Elena Seijo, Sabela Gago e Laura Míguez

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android