20:00
Concerto

Concerto

POR MÍ SWING presenta o seu novo disco titulado "Swing parade of the 21st century", un traballo froito do camiño que leva recorrido a banda polos escenarios nos últimos anos, na procura dun son que recorde os clásicos do swing da primeira metade do século XX dunha maneira actual e fresca.

O swing é moito máis que unha música ou un baile, é un movemento cultural divertido, aberto e inclusivo en todo o mundo. Baixo a etiqueta Swing quedan englobados moitos estilos. Todos levan asociados bailes que experimentaron unha gran popularidade na primeira metade do século XX e que volven ter hoxe un gran número de seguidores.

POR MÍ SWING, co seu espectáculo, busca unha experiencia musical na que o público abandone o papel contemplativo - pasivo e adopte unha actitude totalmente activa a través do baile, que é o combustible que realmente alimenta aos músicas en escena.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android