Compositor, contrabaixista, director musical e produtor, Pablo Sanmamed sempre tivo moitas funcións mais, no corazón, de todo o que fai é ante todo un artista e un gran músico.
Sanmamed, que pasa por un período especialmente fértil de escritura, gravacións e recoñecemento, presentou no 2023 o seu terceiro album de estudo baixo o título de Zugunruhe: un comportamento ansioso que se dá nos animais migratorios aos que se lles impide migrar, especialmente nas aves. Este concepto motiva parte das composicións deste disco, como tamén o fai o seu antónimo, a quietude, ou a ausencia desa necesidade de movemento. Sorprende a incorporación do oboe e o corno inglés do reputado Benxamín Otero ao seu habitual trío de Jazz, conformado por Iago Mourinho ao piano e Bruno Couceiro á batería , para dar forma a un cuarteto que forxa un son comunitario inmersivo.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar