20:30
Libre coma os paxaros

Libre coma os paxaros

A base fundamental para a elaboración da posta en escena deste espectáculo son os textos de Rosalía de Castro -lieders, poemas, artigos, prólogos-, engarzados con outros materiais que contextualizan e conforman unha vía pola que transitar o pensamento da nosa autora e o seu compromiso irrenunciable diante dos acontecementos e conflitos protagonistas na sociedade do seu tempo, e que son sorprendente reflexo dos que hoxe nos acucian.

Unha muller toma a palabra e proclámase posuidora da súa liberdade. Declara, desafiante, non someterse ás regras da arte no exercicio da súa actividade creativa, nin acatar mandatos dos seus iguais.

Declara o seu amor pola literatura, a poesía e a lingua do seu país; o seu respecto e admiración polas escravizadas mulleres do seu pobo; e expresa a súa solidariedade e a súa dor polas miserábeis condicións de vida que aquelas teñen que soportar.

Denuncia o espolio do patrimonio forestal; a traxedia da emigración á que se ven obrigados centos de miles de compatriotas para poder sobrevivir, eles e as súas familias, á fame e á miseria.

Muller galega. Filla de nai solteira. E de pai cura. Chámase María Rosalía Rita de Castro.

Acriz: María Barcala
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android