18:00
A música das buguinas

A música das buguinas

A música das buguinas é un concerto didáctico dramatizado. A través da historia de Roque, un neno que vive en Moeche, iremos descubrindo a música tradicional, os seus instrumentos máis característicos así como a vestimenta e a importancia de que un pobo cante.

Cunha formación de gaita, acordeón, guitarra, distintas percusións e instrumentos de vento, iremos cantando, narrando e acompañando a historia de Roque, un neno que descubre a música escoitando o mundo que o rodea e a felicidade que medra nas persoas que gozan con ela. Pero Roque ten que ir á escola da Vila e alí, semella que a ninguén lle interesa a música... ate que decide organizar un baile; os sons das Buguinas!!

O publico participará activamente, dende a súa cadeira, na historia.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android