20:30
Reino da Extinción

Reino da Extinción

Reino da extinción é unha comedia hilarante que conta a historia de catro persoas de diferentes épocas da Historia galega que, forzadas a convivir nun Alén moi distinto do que imaxinaban, poñen a proba a nosa idea do que significa ser galegos, vivir en Galicia e falar a nosa lingua. Que define a Galicia? Será a comida excelente, a dúbida constante ou… Quizais a xente? E que é ser galega ou galego? Como é posible que un personaxe da Prehistoria sexa tan galego coma un do Século das Luces? Foi Galicia o mesmo en tódolos momentos da súa Historia? Cando comezou e cando rematará Galicia? Todo isto e máis descubrirémolo coa axuda dos nosos catro personaxes, bandeira de cadansúa época, a través dos seus divertidos encontros e desencontros neste Alén tan axitado que, por veces, paréceselle moito ao inferno!
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android