N/D
Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei

Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei

A celebración da Xuntanza Internacional de Gaiteiros comprende os seguintes actos:

Cursos monográficos relacionados co mundo da gaita e a música tradicional que son impartidos ao longo da semana coa participación coma docentes de intérpretes de recoñecido prestixio internacional.

Exposicións. Relacionadas co mundo da gaita.

Mercado de Artesanía coa participación de luthiers e artesáns que expoñen e comercializan as súas obras.

Festival. Trátase do prato forte da festa, o que máis público atrae e que pecha a celebración. Consiste nun concerto que se celebra a tarde do sábado e nel participan grupos e solistas procedentes de todo o mundo da gaita.

A singularidade da Xuntanza Internacional de Gaiteiros vén dada por dúas das súas características:

Por unha banda pola importancia do seu emprazamento, na máis grande e mellor conservada acrópole de Galicia. A vila medieval de Monterrei.

Por outra banda polo feito de que estamos a falar do único festival monográfico sobre as gaitas do mundo que se celebra na actualidade tanto a nivel galego coma estatal.

Destacado

Na tarde do segundo sábado de xuño celébrase o festival coas actuacións dos grupos e solistas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android