Un espectáculo para toda a familia, onde ao compoñente artístico, musical e teatral únese unha potente mensaxe de sensibilización sobre a contaminación dos océanos.
A nova aventura de oceanika mestura unha historia real coa ficción. No espectáculo Tragaldabas e Pedrito buscarán o Tesouro de Poseidón. Dous personaxes moi diferentes que se terán que enfrontar a problemas na súa procura do tesouro como a perda de ecosistemas no océano.
A estes personaxes acompañaralles un narrador que guiará ao publico, e alertará aos protagonistas dos seus erros con momentos cómicos e divertidos.
A nova aventura de Oceanika é un espectáculo único para nenos e adultos onde poderás ver increibles acrobacias no aro aéreo, antipodismo, maxia, contorsionismo, rede aérea ou malabares. Tampouco faltará o humor do circo co pallaso Pedrito.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar