Nada en Vila de Cruces, inicia alí mesmo os seus estudos musicais aos 11 anos, comezando por piano, continuando con guitarra, pero derivando no inevitable, o estudo do canto a partir dos 16, cando coñece ao seu primeiro profesor de canto. Todo aquilo lévaa a envorcarse en corpo e alma no estudo da voz na Coruña, onde segue perfeccionando a súa técnica.
Aínda que se centra especialmente no estudo da técnica lírica, que ten como obxectivo a longo prazo, está actualmente nas primeiras etapas da súa carreira artística como cantautora.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar