20:30 hasta las 22:00
Neura Teatro en Ferrol

Neura Teatro en Ferrol

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
5€
O 𝗫𝗢𝗩𝗘𝗦 𝟭𝟬 𝗗𝗘 𝗢𝗨𝗧𝗨𝗕𝗥𝗢, ás 20:30h, e coincidindo co Día Mundial da Saúde Mental, De Ste Xeito Producións presentará a súa nova comedia “𝗡𝗘𝗨𝗥𝗔, 𝗨𝗡𝗛𝗔 𝗖𝗢𝗠𝗘𝗗𝗜𝗔 𝗡𝗘𝗨𝗥Ó𝗧𝗜𝗖𝗢-𝗙𝗘𝗦𝗧𝗜𝗩𝗔”, no Teatro Jofre do Concello de Ferrol.

𝗩𝗘𝗡𝗗𝗔 𝗗𝗘 𝗘𝗡𝗧𝗥𝗔𝗗𝗔𝗦:
O servizo de venda de entradas do Teatro Jofre estará aberto en horario:
De martes a venres de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas. Sábados, domingos e festivos días de función, abrirá pola mañá de 11.00 a 13.00 e pola tarde dende dúas horas e media antes do inicio da mesma.
𝐑𝐄𝐒𝐄𝐑𝐕𝐀𝐒 𝐍𝐎 𝐓𝐄𝐋𝐅: 𝟗𝟖𝟏 𝟗𝟒𝟒 𝟏𝟖𝟎
𝗘𝗠𝗔𝗜𝗟: 𝐢𝐧𝐟𝐨@𝐟𝐞𝐫𝐫𝐨𝐥𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚.𝐠𝐚𝐥

𝗦𝗜𝗡𝗢𝗣𝗦𝗘:
NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.

Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.

Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a través de diferentes terapias e pseudo-terapias fai que se reencontren cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.

Situacións novas e sorprendentes que nos farán viaxar dun xeito hilarante a través do mundo dos trastornos e a saúde mental. Un camiño afastado de preconceptos caducos, que confronta con sinxeleza as múltiples alteracións da personalidade. Manías das que ninguén se libra, por moito que as ocultemos ou sexan tabú.

Neura é unha comedia neurótico-festiva na que todos e todas nos veremos reflectid@s.

Cartel de Neura, unha comedia neurótico-festiva en Ferrol
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android