Momboi nace no 2018 coa gravación do seu debut discográfico Ofrenda ( Bungalow Studios, 2019). Un primeiro EP que consta de cinco cancións compostas por Brais Sánchez (voz principal e guitarras). Momboi parte do seu gusto pola música de raíz latinoamericana. Pero non só iso, o seu Pop/Rock bebe da psicodelia ou mesmo da tradición galega ou do Flamenco, camiñando con mirada ampla e facendo unha mestura moi persoal. Momboi crea un universo imaxinativo nas súas letras que van desde o ancestral e o espiritual ao amor e as relacións humanas. Entre o 2019 e o 2020 presentan en directo Ofrenda nalgúns concertos significativos para a banda, entre eles o Festival 17 graos Ribeira Sacra, formando cartel xunto a Xoel López, Os Amigos dos Músicos ou ELLE, O Festival Vilablues 5.1 en Noia, con artistas Raimundo Amador, Adrián Costa ou Koko Jean & The Tonics, ou Música na Ribeira, unha iniciativa vinculada ao Camiño de Santiago a través de Política Lingüística.
Momboi é unha das bandas Finalistas do XII Certame Fran Pérez Narf para grupos e artistas musicais en 2020 organizado pola Deputación da Coruña.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar