N/D
Festa da exaltación do pan de Cea

Festa da exaltación do pan de Cea

Un dos produtos máis internacionais da gastronomía ourensá é o pan de Cea, que se elabora seguindo unha antiga receita en fornos artesanais en todo o concello, e que conta, como é corrente en Galicia, coa súa propia festa de exaltación, o primeiro domingo de xullo. 

O programa festivo comeza a tarde do sábado, coa organización de distintos obradoiros en torno ao proceso de elaboración do pan ou de petiscos que levan como base principal o pan de Cea.

O Campo da Saleta, convenientemente amenizado por pandereteiras, charangas e gaitas, é o escenario onde, o domingo, ten lugar a Festa do Pan de Cea, co seu pregón e comidas popular e de autoridades, nas que se reúnen todo tipo de produtos con denominación de orixe galega, desde viños e queixos ata lacón, mel, tenreira, augardentes, licores, patacas ou produtos de agricultura ecolóxica. Os stands de artesáns e comerciantes de doces, produtos da horta, lácteos, aceites, bebidas son unha continua trasfega de xente, e os panadeiros chegan a cocer e vender ata un millón de pezas do tan estimado pan.

Pola tarde, o baile, as actuacións musicais e unha degustación gratuíta de pan, chourizos e viño poñen o punto final á festa.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android