N/D
Feira do Viño do Rosal

Feira do Viño do Rosal

A Feira do Viño do Rosal ten como obxectivo primordial promocionar os sectores vinícolas, conserveiros e de produtos típicos de horta e flor que se producen no Val do Rosal. Este goza dun microclima especial que lle dá aos seus produtos agrícolas a calidade indiscutible que fai que sexan premiados non só no país, senón tamén en certames internacionais como o demostran os numerosos premios.

Paralelamente á celebración da feira realízanse exposicións culturais, actividades para nenos, exposición filatélica, actuacións musicais, etc.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android