18:30
Emigrados

Emigrados

Unha historia múltiple que, engarzada, constitúe un mosaico de pezas de distintos autores e autoras que desde o tratamento específico da migración, do retorno, do desarraigamento, compoñen un cadro xeral que permite apreciar nidiamente o drama individual e social que supón leste outra maneira de exilio. Un drama social trasladado desde fóra do queixume, desde a axilidade da linguaxe contemporánea, desde a ironía e sobre todo desde a proximidade, do achegamento ao público contemporáneo, desde o punto de vista da conciencia colectiva.

O elenco que forma esta proposta son Antón Abal Rua, Laura Alonso Estévez, Juan Diego Comesaña Lorenzo, Sofía Fernández Cidrás, Lida Gutiérrez Marín, Cecilia Jiménez López, Rosa María Molares Alonso yMiguel Rodríguez Carretero.

A autoría desta peza parte dos textos de Anxos Sumai, Candido Pazó, Sonia Torre, Suso de Toro e Xosé Manuel Pazos. A dirección da mesma é de Casilda Alfaro e Sonia Rúa.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android