11:00 hasta las 20:00
Carballo. Guía ilustrada de arquitectura

Carballo. Guía ilustrada de arquitectura

Ademais do almanaque de mesa co que empezamos o 2022, o skyline que publicamos o 14 de febreiro ou o libro presentado días atrás, o traballo de recompilación e divulgación do noso patrimonio arquitectónico urbano realizado por Xaime Díaz Alonso tamén poderá verse na exposición Carballo. Guía ilustrada de arquitectura, que será inaugurada este mércores ás 20.00 horas no Museo de Bergantiños.

Do 30 de marzo ao 30 de abril, o fermoso patio interior do único edificio público do século XIX que se conserva en Carballo albergará 20 paneis que permiten realizar un percorrido pola arquitectura dos barrios urbanos e mesmo recrearse coas imaxes e os planos de edificios e espazos públicos xa desaparecidos, como a Casa da Condesa, a capela da Estrela, os Baños Vellos ou o Paseo dos Tileiros. A mostra incluirá tamén unha serie de material complementario arredor do traballo realizado por Xaime Díaz Alonso coa colaboración de Diego Díaz Mosqueira e Clara Díaz Pan.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android