20:30
Elas son artistas: EDE

Elas son artistas: EDE

Ede presenta «Nada», o primeiro adianto do que será o seu primeiro disco, que publicará completo en 2022. Con 23 anos e tras o lanzamento do seu primeiro EP acústico «Tranquila», gravado en directo en Estudo Uno coa produción de Juanma Latorre, Ede embárcase na exploración sonora dun álbum, da man dos produtores musicais Bela Transa (Julio Martín, Sergio Fernández e Mario Carrión), con quen realiza un traballo de coprodución. Transcendendo o formato máis acústico, íntimo e sinxelo do seu primeiro traballo, con este novo disco Ede perfila a súa identidade sonora e artística. Esta identidade, máis madura e rica en influencias que van desde o indie ao folclore, pasando polo r&b e en neosoul, complementa e potencia o imaxinario que a artista xera coas súas letras e a súa voz, que son a súa marca.

Non é pouca a expectación que hai ao redor deste primeiro álbum de estudo da artista, pois xa co seu primeiro EP conseguiu comezar a abrirse paso na escena musical nacional, colaborando con artistas como Ismael Serrano, Club Do Río ou Xoel López, con quen traballa man a man na xira do seu último disco como parte da súa banda. Ademais, comparte co artista galego dous singles, un deles con máis de 3 millóns e medio de reproducións en Spotify.

Doutra banda, Ede cantou xunto a músicos como Emilio Aragón ou Josemi Carmona e, a súa voz, aparece no longametraxe «Alegría» (da directora Violeta Salama) que se estreará en decembro de 2021.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android