21:00
I Festival Vakner. Luar Na Lubre

I Festival Vakner. Luar Na Lubre

Do mesmo xeito que na película de José Antonio Bayona, un monstro virá vernos, neste caso á Costa da Morte. Será dunha forma menos onírica, pero igual de fantástica, aínda que cunha finalidade moito máis lúdica: para inspirar un festival memorable que reunirá por primeira vez en directo a outros tres monstros, no seu caso da música: Luar na Lubre, Víctor Manuel e Ismael Serrano, estes dous últimos en calidade de amigos da banda liderada por Bieito Romero. De momento son, xunto coa artista local Alexandra Suárez, os artistas convidados que xa están confirmados, pero non se descartan máis.

O catalizador deste festival con vocación de continuidade será o Vákner, unha desas bestas lendarias que merecen ser rescatadas, o que xustamente decidiu facer o Concello de Dumbría no ano 2019. Aínda que moito se discute sobre se era un touro, un lobo ou mesmo un dragón, todo apunta a que se trata dun lobishome, segundo concluíu un simposio internacional celebrado en Dumbría tamén no ano 2019 para profundar na identidade do Vákner. Ata entón pouco máis se sabía do desde que se lle aparecese a un bispo armenio hai 6 séculos, entre os anos 1491 e 1493, na súa peregrinaxe por estas terras.

Este festival aspira a ser o gran encontro musical da Costa da Morte, pero non só a iso, pois se celebrará en maridaxe con outros ingredientes como a arte, a literatura ou a gastronomía.

De feito, todo iso forma parte do proxecto ?Territorio Vákner?, impulsado polo Concello de Dumbría, que lidera desde 2019 unha aposta de territorio, de valorización do patrimonio inmaterial e de aproveitamento turístico na que quere implicar a toda a zona influída polo Camiño a Fisterra e Muxía.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android