N/D
Festa de San Fins do Castro

Festa de San Fins do Castro

A Festa de San Fins do Castro, en torno á ermida situada en medio dun bonito bosque en Cesullas, debe a súa continuidade ao labor do párroco Saturnino Cuíñas, que foi quen a impulsou nos anos 30. Aquí chegan os romeiros co convencemento de que as augas que emanan dunha fonte nas proximidades cura as verrugas, así que o rito é achegarse a ela e mollarse cun pano que se deixa alí. O milagre sucederá cando sequen os panos.

Ata aquí, a tradición. Porque os tempos actuais danlle á festa unha imaxe ben diferente cunha multitude de mozos e mozas empapados en viño tinto, tan excitados diante da imaxe do cura de Cesullas subido nun palco como poderían estalo nun concerto de rock. É a imaxe da cerimonia do “berro seco”, un rito con 2.000 anos de vida, no que o público ao unísono emite un profundo berro co que sacar os malos espíritos do corpo. A mocidade, que celebra a súa particular batalla de viño nunha área restrinxida, lanza despois un segundo “berro seco” ao que acompaña a polémica pero leva camiño de facer historia.

A tradicional romaría campestre, animada durante todo o día coa música dos gaiteiros, complétase con outro singular acto: a queima do "Santo da Pólvora", unha falla artesanal consistente en dous bonecos que reproducen algún oficio tradicional, que se fai estoupar antes dos bailes da mañá.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android